galego - castellano - english
Elaboración

As vacas aliméntanse con pastos de gran calidade a mais de 700 m de altitude. Despois pasan á sala de muxidura.

O tanque de frío encóntrase a escasos metros da sala de muxidura.
Pásase o leite do tanque de frío á cuba, onde se quenta o leite ata a temperatura de callado, proceso de fermentación no cal se transforma o leite en masa branda.
Na mesma cuba córtase para despois encher os moldes que van dar a forma o queixo e son sometidos a presión controlada dependendo do tipo de queixo, liberando así o soro sobrante. Pasamos á fase de salgado, que dependendo do tipo de queixo, introducese mais ou menos tempo nun baño de salmoira.
Na fase de maduración os queixos consérvanse a temperatura e humidade controlada ata a súa venda.

 
nota legal Contacto
20